top of page

ENREDADAS

Activismo, mulleres e maternidade.

ENREDADAS é un proxecto que busca dar voz
ás mulleres nais e as súas estratexias
para facer fronte xuntas ás violencias na maternidade, visibilizando experiencias de crianzas colectivas.
Componse de tres eixos: investigación,
producción documental e cinema-debate.
Actualmente atópase en proceso.

Co apoio de:

logo_festival_DerHumALC larger.jpg
44067983_176969483210649_887905289680558
el parto es nuetsro.png
ENREDADAS - PRESENTACIÓN DO PROXECTO

ENREDADAS - PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Reproducir video
ENREDADAS Entrevista a Leonor Dodero de Asoc. Por el derecho a elegir cómo parir, Argentina.

ENREDADAS Entrevista a Leonor Dodero de Asoc. Por el derecho a elegir cómo parir, Argentina.

Reproducir video
Media

"A idea do documental xurdiu na Arxentina onde vivín moitos anos e fun nai. Alí comecei as entrevistas e a darlle voltas ao que realmente quería contar. Porque proxectos documentais sobre a maternidade, ou a violencia que sufren as mulleres na maternidade, hai varios xa, tanto na Arxentina como na Galiza, onde nacín. Pero o quero contar non é (ou non só é) o que sufrimos as mulleres, senón principalmente como nos rebelamos. Fronte a imaxe patriarcal da nai submisa e calada, pechada nunha casa na que todo xira arredor do marido e @s fill@s, este documental procura poñer o foco en como moitas mulleres teñen experimentado a partir de seren nais un proceso de politización, cuestionamento do establecido e crecente “enredamento”. Mediante redes de apoio, denuncia, acompañamento, difusión e solidaridade, e, axudadas polos avances de internet, están a conseguir a visibilización dun espazo cada vez menos privado, rachando co illamento no que esta sociedade individualista e patriarcal, negadora do traballo reprodutivo e dos coidados, confina ás mulleres nais e poñendo sobre a mesa que maternar é político.

 

Que fai que as mulleres se unan nun momento tan especialmente vulnerábel e ao tempo empoderador das súas vidas? Que ten cambiado nos modelos de familia e crianza? Para que se unen? Que relación ten isto co feminismo? Cal é o lugar dos homes?

 

A partir da miña experiencia no activismo e na maternidade, do meu percorrido, investigación e da miña propia rede, este documental, focalizado agora na Galiza, onde novamente estou vivindo, procura dar voz ás protagonistas, debuxando algunhas respostas e deixando moitas portas abertas, porque este proceso de visibilización e valorización dos coidados e do importante rol que as mulleres levamos a cabo na sociedade (así coma as dificultades e barreiras que atopamos) ten moito que dicir, moito por amosar e moita claridade no obxectivo de subvertir a orde do sistema como nunca antes vimos".

SABELA LOSADA CORTIZAS - Directora de ENREDADAS

Suscríbete para recibir actualizacións do proxecto ENREDADAS

Escríbenos se gustarías de participar ou colaborar no proxecto ENREDADAS

Success! Message received.

bottom of page