Vermella
Sabela Losada Cortizas
con ilustracións de Minia Regos
26 páxinas, tapa dura
ISBN: 978-84-9995-298-7
13 euros
BAÍA EDICIÓNS
Cando Flor atopa unha pinga de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan extraño suceso...
Foi un accidente?
Quen é a vítima?
Serán quen de resolveren este enigma?
Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY DE LITERATURA INFANTIL POLA IGUALDADE e publicada por Baía Edicións en outubro de 2018, supón unha transgresora novidade no panorama da literatura infantil galega.
O xurado descatou a «Vermella! por ser quen de sacar á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista. Igualmente, a historia consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil, na procura da descuberta, que lle dá sentido á trama e que ten que ver coa propia e progresiva descuberta do corpo da nena».
O Xurado estivo formado por Ana Luísa Bouza Santiago, socióloga, Montse Pena Presas, profesora da USC e crítica literaria, Patricia Porto Paderne, xerente da libraría compostelá especializada en temática feminista Libraría de Mulleres Lila de Lilth, Pilar Sampedro Martínez, mestra e vicepresidenta de Gálix, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, que actuou ademais como secretaria do mesmo.
Navega polas miñas páxinas!
Xa coñeces A Bolsa Vermella?
Unha bolsa chea de información e agasallos para celebrar e dar a benvida á menstruación.
Inclúe:
- Libro Vermella, publicado por Baía Edicións (opcional)
- Caderno Menarquía, adaptado libremente por Sabela Losada Cortizas (sen custe). Orixinal en español: menarquiazine.wordpress.com
- Caderno de notas ilustrado
- Xogo das Pingas
- Coxín de sementes e lavanda para termoterapia feito a man
- Bolsiña con infusión de salvia e macela
- Dúas compresas de tea de algodón orgánico feitas a man
- Dúas compresas desbotábeis orgánicas para a noite
- Espello
- Xabón de aceite de oliva reciclado
- Bolsiña de froitos secos e bolachas de granola e chocolate ecolóxicos
- A bolsa vermella de tea feita a man
Pensamos que é momento de darlle volta a menstruación! Queremos normalizar e facer visíbel un proceso natural do noso corpo do que aínda pouco se ten investigado, un proceso fisiolóxico que máis da metade da poboación vive durante décadas, que dá vida. Queremos sentirnos orgullosas do que somos e do que podemos facer!
Quizais che parece unha tarefa ardua. Como tantas outras veces os asuntos que teñen que ver coas mulleres aínda están en boa parte por investigar, por ser creados, por descubrir. Pero ao mesmo tempo pode ser marabilloso! Pénsao coma unha folla en branco na que unha pode facer realidade todos os desexos propios e os que estiveron agochados durante a vida de todas as que nos precederon, podemos facer aparecer todo o que queiramos!
E podemos comezar, coma sempre, polo que temos máis perto: por coñecernos, descubrirnos, querernos como somos, coidarnos e gozarnos. Podemos comezar por celebrar o comezo desta nova e apaixonante etapa da vida e dar a benvida a menstruación, por que non?
Esperamos que goces d´A BOLSA VERMELLA como nós o fixemos cando a creamos. Estamos desexando recibir as túas inquedanzas e achegas.
Fortes apertas vermellas!
A BOLSA VERMELLA é un proxecto de Sabela Losada Cortizas
PREZO A BOLSA VERMELLA COMPLETA: 56 euros
PREZO A BOLSA VERMELLA SEN LIBRO VERMELLA (por se xa o tes): 43 euros
(IVE e custes de envío nacionais incluídos. Pago contra reembolso ou Paypal)
Para máis información, distribución e pedidos, escríbenos premendo aquí:
Entrega do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
O venres 19 de outubro de 2018 fíxose entrega do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade ás autoras gañadoras, Antía Yáñez por A reconquista e Sabela Losada Cortizas, por Vermella!
O acto foi presentado por Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña e contou coa participación das autoras dos libros premiados, de Ana Luísa Bouza en representación do xurado e da madriña do premio, Fina Casalderrey.
Tivo lugar na Biblioteca Infantil do Fórum Metropolitano da Coruña ás 18:30 horas.
Máis información:
Actividades e obradoiros dispoñíbeis 2019
Preme na imaxe da esquerda para abrir oferta completa de actividades, obradoiros e presentacións adicados a alumnado, profesorado e familias.
Así o pasamos nas presentacións de VERMELLA!
Presentación do I Premio Fina Casalderrey Culturgal 2018 | Presentación con contaconto e Xogo das Pingas na Libraría Lila (Compostela) | Obradoiros para escolas "Ímoslle dar volta á menstruación!": Contacontos + Análise da representación audiovisual do sangue + Xogo das Pingas + Reflexión colectiva XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 2019 |
---|
Falan do libro...
Recomendado por bibliotecas escolares, A Sega, A Mesa e a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, entre outros.
Recomendado por
<<La OEPLI y sus secciones territoriales: Consejo, ClijCat, Galtzagorri y Gálix, en colaboración con el Ministerio de Educación Cultura y Deporte, edita el catálogo LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2018. Un libro/catálogo con 200 títulos de los mejores libros infantiles y juveniles, de escritores e ilustradores españoles, publicados a lo largo del año pasado, obras que obedecen a criterios de calidad e idoneidad, que las hace merecedoras de formar parte de esta lista de honor por considerarlas significativas dentro de la gran producción existente.>>
VERMELLA FOI INCLUIDA NO CATÁLOGO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ESPAÑA 2018 DA OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil), a sección española do IBBY (International Board on Books for Young People)